Sunday 05 de May de 2024

O BNG apoia a protesta dos sanitarios do Hospital e esixe unha dotación de persoal médico suficiente


A concentración convocada hoxe polos profesionais sanitarios do Hospital da Barbanza contou cunha delegación do BNG que os estivo apoiando nas súas reivindicacións.

A concelleira Cruz Rivadulla, acompañada polos membros do BNG, José Sanmiguel, Xosé Cobas e Rafael Pazos, mostrou o seu apoio ás demandas do persoal médico por entender que son “xustas e necesarias para garantir unha boa calidade aos pacientes”.

Rivadulla criticou que fronte a propaganda da Consellería de Sanidade “a asistencia sanitaria no hospital comarcal está moi deteriorada por culpa da carga asistencial que soportan os profesionais, provocando traslados a Santiago e unha precarización do traballo insoportable”.

O BNG reclámalle á Consellaría de Sanidade que deixe de seguir transferindo recursos públicos á sanidade privada mentres “a sanidade pública esmorece por falta de persoal”.